O Concello de A Arnoia organiza una escapada de tres días
Xa está aberto o prazo para a reserva de praza

Vistas de Toledo. / Cadena SER

A Arnoia
Como ven sendo habitual, dende o Concello de A Arnoia, vaise organizar unha escapada de 3 días para aqueles veciños e veciñas que desexen gozar duns días de lecer.
A reserva de prazas é ata o día 15 de vindeiro mes de abril nas oficinas do Concello.
A viaxe será do día 11 ao 13 de xullo. Visitarase Toledo, e o parque temático Puy du Fou, unha viaxe a través dos séculos con grandes espectáculos, poboados históricos, natureza e artesanía. A última xornada adicarase a coñecer Ávila.
·