Preocupación pola inminente demolición do Novoa Santos para executar un novo centro“sen previsión”
Os profesionais están recollendo firmas

Google Maps

Ourense.
O equipo desde centro de saúde explica que a actual Xerencia da Área Sanitaria reuniuse con eles o pasado 26 de febreiro e presentoulles a división dos traballadores e da poboación ante a próxima demolición deste edificio ubicado na rúa Xoan 23, para construír outro edificio.
Consideran que falta “previsión” xa que non hai datas para o inicio das obras do novo centro integral de saúde, non hai licitación e as alegacións dos veciños non están resoltas. "É dicir, o antigo centro de saúde vaise derrubar, sen previsión, o que avanzan deixará un solar baleiro no centro da cidade e milleiros de afectados".
O cambio afecta ao 29,8% dos habitantes da cidade. Argumentan que o centro do O Couto sería o que recollería a maior parte dos pacientes, pasaría de 9.500 persoas asignadas a 19.000. Propoñen que o Centro de Especialidades da rúa Concejo, preto do actual centro de saúde, poida ser o lugar alternativo ata que remate unha obra que explica Angeles Peña, médica de familia, non será algo de pouco tempo, matizan, que se fala duns 6, 7 o incluso 10 anos. Están a favor da renovación do centro pero piden "una boa organización".
Aos profesionais tamén preocúpalles o histórico centro de orientación familiar, COF, emblema da atención á muller na cidade de Ourense e provincia explica Celsa Perdiz, traballadora Social do Centro de Planificación Familiar. Asemade engaden a súa especial preocupación pola Unidade de Saúde Mental.