Coronavirus: cinco anos da Pandemia que paralizou o mundo
En Vermú con SER analizamos o impacto da Pandemia do coronavirus en Galicia cinco anos despois

Vermú con SER - Coronavirus: cinco anos da Pandemia que paralizou o mundo (16/03/2025)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O 14 de marzo de 2020 pasará a historia como o día que nos cambiou a vida tras o decreto do Estado de Alarma que anunciado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
O anuncio do Estado de alarma falaba de 15 días que, prórroga taras prórroga acabaron sendo case 100, cunha posterior desescalada que non deixou de ser definitiva tras varias olas, ou picos do coronavirus hasta tres anos despois. O 4 de xullo de 2023, o Consello de Ministros decretou o fin da Pandemia.
Pero, onde estaban vostedes hai cinco anos e cómo o viviron?, qué sacamos en conclusión da Pandemia?, qué queda de todo o sucedido e cómo reaccionamos ante semellante freada en seco nas nosas vidas? De isto falamos nesta edición especial de Vermú con SER: a Pandemia do coronavirus 5 anos despois:

Vermú con SER - Coronavirus: cinco anos da Pandemia que paralizou o mundo (16/03/2025)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Pandemia deixou elevadas cifras de falecidos no mundo, en España e en Galicia, onde perderon a vida máis de 4.200 galegos, directa ou indirectamente, pola enfermidade.
Pero, ademáis dos falecidos, tamén quedan moitos aspectos por coñecer do coronavirus, por exemplo: que pasa coas persoas que padecen coronavirus persistente. Isabel Quintana é a presidenta de ASOGACOP, Asociación Galega de Covid Persistente. Quintana padece covid persistente desde abril do 2020 e cóntanos como vive o día a día e as reivindicacións máis importantes que fan desde a asociación.
Deixando a un lado o aspecto sanitario, houbo moitos servizos considerados de primeira necesidade que se mantiveron abertos durante o confinamento, como supermercados, medios de comunicación, servizos de emerxencias, ou farmacias. Pero tamén houbo moitos outros negocios que tiveron que pechar as súas portas, de forma repentina, e sen saber qué pasaría cos seus postos de traballo.
Coa declaración do Estado de Alarma e confinamento nas casas, os fogares transformáronse en improvisadas oficinas de teletraballo, en restaurantes con estrela michelín, agudizamos o inxenio, recuperamos os xogos de mesa, esgotouse o papel hixiénico, os alimentos básicos como a fariña ou o aceite nos supermercados e incluso os máis pequenos da casa trasnformaron as súas habitacións en "aulas online" para seguir recibindo a formación académica.
Pasaron xa cinco anos do inicio da Pandemia do coronavirus en España, dun Estado de Alarma e dun confinamento que nos marcou como sociedade, Un episodio da historia recente que neste rato de radio quixemos recordar poñendo enriba da mesa os tetemuños máis próximos. O obxectivo é recordar para non esquecer.