Freixanes pecha a súa etapa como presidente da Academia Galega tras oito anos de mandato
Ábrese o proceso electoral para ocupar a presidencia da institución

Víctor Freixanes, ex presidente da RAG
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O ata o de agora presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, finalizou a súa etapa de oito anos á fronte desta institución.
O académico, segundo explica a RAG, formalizou a conclusión do seu segundo mandato diante dos membros do plenario na reunión común que se celebrou este venres pola tarde no Pazo de María Pita.
Con este paso dado por Freixanes, comeza o proceso que conducirá, nun prazo non superior aos tres meses, á elección da nova comisión executiva da Academia.
De acordo coa normativa da institución, ocupará interinamente a presidencia a secretaria, Margarita Ledo Andión, a quen lle corresponde poñer en marcha o proceso electoral.
As candidaturas á presidencia da RAG deben ser presentadas por tres membros numerarios da institución académica.
Para facelo dispoñerase dun prazo que finalizará 48 horas antes da data que se fixe para o desenvolvemento do pleno extraordinario de elección.
