Os pais da escola infantil A Casiña piden que non se peche
Piden a mediación da Xunta

Imaxe de A Casiña. / Cadena SER

Ourense
A gardería A Casiña, xestionada por Cáritas Diocesana de Ourense, pechará as súas portas ao final deste curso escolar.
"A responsabilidade e o compromiso ético coa xestión óptima dos recursos económicos achegados polos doadores leva á entidade a tomar esta decisión", é a explicación que esta entidade achega a través de comunicado, engaden que "a función coa que se mantivo este servizo, a pesar de presentar ano tras ano un moi deficiente equilibrio económico, foi, historicamente, garantir o acceso a unha praza de escola infantil pero que este finalidade dende fai tres anos queda cuberta polo acceso gratuíto garantido pola Xunta de Galicia".
Tuvemos a oportunidade de falar con Jacobo Rey director xeral de Familia de la Xunta de Galicia e afirma que "ningún neno quedará sen praza en outras escolas".
As familias lanzaron unha petición na plataforma charge.org coa que xa recolleron máis de 600 sinaturas para evitar o seu peche. Explican que os seus pequenos “atópanse sen alternativa no barrio, co prazo de inscrición xa pechado en moitas das escolas infantís” e solicitan tempo. Explican que unha solución pasaría por o feito de que a Xunta apoie económicamente a Cáritas, entidade gestora na actualidade, e que despois con maior previsión búscanse solucións para o futuro
Preguntámoslle ao director xeral de Familia se a Administración Autonómica consideraría facerse cargo da dirección deste centro e aclara que ninguén considerou esa posibilidade e insiste en que a rede de escolas infantís ofrece as prazas necesarias.
O BNG manifestouse tamén se declara alí e insta solucións. Fíxoo a través dunha iniciativa parlamentaria na que instan á Xunta a adoptar medidas para evitar perxudicar a 41 familias e aos 7 traballadores desde espazo.