Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Sabela Mendoza, nova director artística da MIT de Ribadavia

A xestora cultural e investigadora compostelá encabeza esta nova etapa

Sabela Mendoza, nova directora da MIT. / Cadena SER

Sabela Mendoza, nova directora da MIT.

Ribadavia

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) abre unha nova etapa co nomeamento de Sabela Mendoza Fernández como directora artística, tras obter a maior puntuación no proceso de licitación convocado polo Concello de Ribadavia. Mendoza, cunha ampla traxectoria na xestión cultural e nas artes escénicas contemporáneas, será a encargada de definir a liña artística do festival, consolidando o seu prestixio a nivel galego, estatal e internacional.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, destacou a importancia deste nomeamento: “Hoxe iniciamos unha nova etapa para a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia cunha profesional de gran prestixio e ampla experiencia como Sabela Mendoza. O seu nomeamento como directora artística garante a continuidade da excelencia e a innovación que caracterizan este festival.”

A chegada de Mendoza prodúcese despois de que o cargo quedase vacante tras a saída de Roberto Pascual ao rematar a pasada edición. Pascual liderou a MIT durante quince anos, conseguindo importantes avances tanto en asistencia de público como na calidade das propostas artísticas. Antes del, a dirección do festival estivera en mans de Rubén García, un dos grandes impulsores da Mostra e responsable de consolidar o seu carácter de referencia dentro e fóra de Galicia.

“Súmome á dirección artística da MIT de Ribadavia con moita ilusión e tamén con moito respecto polo traballo feito, dende a humildade e o compromiso. Esta será unha edición de transición para min e para o equipo da MIT, ao que se incorpora xunto comigo Gena Baamonde, como directora adxunta. 40 anos de andaina son todo un éxito colectivo para un festival que é de todas e todos, e por iso non podemos facer outra cousa que partir dese legado para seguir construíndo”, afirmou Mendoza.

Sabela Mendoza Fernández, nada en Santiago de Compostela en 1984, é unha recoñecida investigadora, creadora e xestora cultural especializada en artes escénicas e performativas. Cunha formación multidisciplinar que inclúe Dereito, un Máster en Xestión Cultural e outro en Práctica Escénica e Cultura Visual, Mendoza desenvolveu a súa carreira en diferentes proxectos de referencia a nivel nacional e internacional.

O proxecto presentado por Mendoza para a dirección artística da MIT estrutúrase en varias liñas estratéxicas que buscan manter a identidade do festival ao tempo que se aposta pola innovación e a proxección internacional.

Entre os obxectivos marcados nesta nova etapa, Mendoza destaca o concepto de Escenas en tránsito como un dos lemas do seu proxecto: “Escenas que transitan dunha linguaxe a outra, dun corpo a outro, dun territorio a outro, que se moven e fan que nos movamos, que producen desprazamentos”. Con esta idea, a MIT busca consolidar a súa posición como un espazo de referencia para a experimentación escénica, sen esquecer o compromiso coa identidade e coa comunidade.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir