A igrexa de Santa Mariña de Esposende será rehabilitada
O orzamento é de 168.000 euros

Igrexa de Santa Mariña de Esposende. / Cadena SER

Cenlle
O Concello de Cenlle co apoio da Xunta de Galicia e o seu investimento de 168.000€ levará a cabo melloras na igrexa de Santa Mariña de Esposende.
As obras incluirán: Limpieza e restauración dos elementos escultóricos, mellora da cuberta para evitar filtracións, revisión e rexuvenecemento da fachada histórica, drenaxe exterior para garantir a súa conservación a longo prazo e revisión do cableado e eliminación de elementos deteriorados. Esta intervención porá en valor o patrimonio deste municipio.