Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ribadavia reivindica o 8M con arte, música e viño

O Concello organiza un mes cheo de actividades

Imaxe da fachada do Consistorio de Ribadavia. / Cadena SER

Imaxe da fachada do Consistorio de Ribadavia.

Ribadavia

O Concello de Ribadavia organiza unha serie de accións ao longo do mes de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller, con iniciativas que combinan educación, cultura e tradición local para promover a igualdade de xénero.

A programación arrinca cun concurso de debuxo titulado "Debuxa Igualdade", dirixido ao alumnado de primaria, para que os máis pequenos poidan expresar a súa visión sobre a igualdade a través da arte. As obras entregadas estarán expostas na Casa da Cultura do 20 ao 31 de marzo.

Do 10 ao 14 de marzo, celebraranse obradoiros para a igualdade en distintos centros sociais do municipio, creando un espazo de debate e aprendizaxe sobre o papel da muller na sociedade.

O venres 15 de marzo, a música será protagonista co concerto pola igualdade do grupo Soul & Roll na Praza Maior (ou na Casa da Cultura en caso de choiva), cunha actuación que combinará lecer e reivindicación.

A tradición vitivinícola da comarca tamén terá o seu espazo co evento do 22 de marzo, unha Cata de Viño protagonizada por enólogas e colleiteiras do Ribeiro, que compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre o sector. As inscricións están abertas ata esgotar prazas a través do correo servizosociais@ribadavia.es.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir