Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Formoso insta á Xunta a incrementar o financiamento municipal ata os 200 millóns de euros

O presidente da Deputación fixo balance das axudas do Plan Único na Costa da Morte que superan os 14 millóns

O presidente da Deputación estivo este xoves en Carballo facendo balance do Pal Único na Costa da Morte. Valentín González Formoso, instou á Xunta a que aumente a financiación municipal “como mínimo e de forma urxente” ata os 200 millóns de euros.

Na visita á capital de Bergantiños o presidente provincial foi recibido polo vicepresidente Xosé Regueira, o alcalde Evencio Ferrero.

Segundo indicou Formoso a Deputación prevé investir este ano 125 millóns de euros nos 93 concellos da provincia da Coruña a través do Plan Único, fronte os 116 millóns de euros que a Xunta de Galicia destina para aos municipios das catro provincias galegas a través do Fondo Galego de Cooperación Local.

O Presidente Salientou que “Por primeira vez na historia, a Deputación da Coruña destina máis fondos para financiar as 93 concellos da provincia que a Xunta para os 313 concellos de toda Galicia. Sen ningún tipo de escusa, é imprescindible establecer un mínimo equilibrio responsable de cofinanciamento cos concellos e baseado en criterios obxectivos”.

Tamén quixo poñer en valor o sistema utilizado polo ente provincial “non só é cantidade de cartos que se destinan, senón a maneira”. “Nos dá igual quen goberne en Corcubión, en Lousame ou en Narón. Financiamos en base a parámetros obxectivos como a extensión, a poboación, o número de parroquias, os quilómetros de vías que se teñen que manter... É todo en base a un cálculo matemático obxectivo”, explicou o presidente. E criticou que “a Xunta de Galicia convoca aos seus alcaldes con premeditación e alevosía para avisar que un día concreto sae unha subvención e faino en concorrencia non competitiva, polo que o primeiro que presente a súa solicitude leva os cartos autonómicos”. “Parece un sistema medieval, non do século XXI. Non é a Galicia que garanta dereitos iguais en cada punto cardinal do país”.

Pola súa banda, o vicepresidente, Xosé Regueira, sinalou que “o Plan Único é un éxito deste goberno provincial, pois deixa atrás outros finalistas e unifica nunha mesma ferramenta todos os fondos públicos que a Deputación destina aos concellos”. Ademais, “dende que se iniciou en 2017, foi capaz de triplicar os investimentos aos concellos, en base a criterios puramente obxectivos e transparentes, a diferencia doutras administracións”. Neste sentido, fixo referencia ao “esforzo” da entidade provincial.

Pola súa banda, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo “felicitar, aprobar e celebrar” que por parte da Deputación da Coruña se teñan “uns criterios que sempre son obxectivos” e que permiten aos concellos “acometer importantes actuacións de mellora para os veciños e veciñas”. “No Concello de Carballo, a gran maioría dos novos investimentos están centrados nas parroquias, algo que forma parte do propio espírito do Plan Único”, destacou o rexedor, que pediu a mesma obxectividade no reparto de fondos por parte doutras administracións.

Plan Único destina máis de 14 millóns na zona. Esta cifra supón un incremento do 72% respecto ao orzamento inicial do ano pasado, converténdose no maior investimento inicial desde a creación do plan en 2017.

Desde a súa posta en marcha, o Plan Único leva investidos uns 123 millóns de euros na Costa da Morte.

Carballo encabeza a listaxe con 2.400.792 euros, seguido de Vimianzo (1.320.997 €), A Laracha (1.265.833 €) e Coristanco (1.138.685 €). Zas, Muxía, Ponteceso, Dumbría, Cabana de Bergantiños ou Cee, entre outros, tamén verán notablemente incrementadas as achegas da Deputación para acometer proxectos estratéxicos en infraestruturas, servizos sociais e dinamización local.

O POS+2025 permitirá mellorar estradas, abastecemento e saneamento de auga, iluminación pública e equipamentos culturais e deportivos. Ademais, destínanse 7 millóns de euros en toda a provincia –1,2 millóns nos concellos de Bergantiños e Costa da Morte– a reforzar programas sociais municipais para os colectivos máis vulnerables.

A maiores, o alcalde, o vicepresidente provincial e o presidente da Deputación acudiron a supervisar a terceira e última fase das obras de mellora na estrada DP-1901 Carballo a Sísamo, actualmente en marcha. Unha vez rematados estes traballos completarase un proxecto integral de actuación na seguridade peonil e a transformación da vía nunha gran avenida, cuxa titularidade transferirase ao Concello de Carballo despois dun investimento superior aos 3.500.000 euros, dos que a institución provincial financiou preto de 3 millóns de euros.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir