“Un centro de día comarcal é necesario e os localismos sobran”
Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra, abordou a actualidade municipal no Pleno Aberto de Radio Nordés


El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pleno Aberto con Áurea Domínguez alcaldesa de Fisterra (05/03/2025)
A Alcaldesa de Fisterra pasou este mércores polos estudos de Radio Nordés para participar no espazo Pleno Aberto. Áurea Domínguez falou da curiosa situación do seu partido Alternativa dos Veciños, neste momento o partido da alcaldesa está dividido en dúas partes. Por unha banda a propia rexedora e outro concelleiro están no goberno e por outra, Tito Martínez está na oposición. Áurea critica ao ex tenente de Alcalde de facer unha “oposición despiadada e sen moito rigor político”. Engade a rexedora que, de momento, non ten pensado pedir que boten a ex tenente de alcalde do partido e tampouco lle consta que a propia dirección de Alternativa mova ficha nese sentido.
Un dos problemas que máis preocupa aos grupos da oposición e á veciñanza fisterrá é a situación do servizo de urbanismo, Domínguez explica que para dotar ao concello da praza é un proceso longo, que esixe unha modificación da RPT municipal e que están traballando normalizar a situación o antes posible.
Áurea Domínguez asegurou tamén que “Nunca se fixeron tantas obras en Fisterra” e que segue traballando para lograr a humanización da recta da Anchoa, a construción do centro de saúde, obras de saneamento, arranxo de vías ou a cesión do edificio do Faro e a Vaca.
A alcaldesa de Fisterra amosouse preocupada polo envellecemento da poboación e as posibles solucións para ofrecer servizos aos dependentes. Nesta liña dixo que “o centro de día comarcal é necesaria e que os localismos sobran”.
Domínguez ten claro que a Xunta de Galicia non está tratando a Fisterra coa importancia que merece ao ser un dos lugares referencia da comunidade, seguirá traballando para lograr os fondos necesarios para a humanización da recta da Anchoa, o centro de saúde e a nova estación de autobuses.
Outra das ideas que ten a curto medio prazo, é a da regulación das vivendas turísticas, así como establecer unha taxa turística, pero considera que antes o concello debe mellorar os servizos que ofrece aos visitantes.
A alcaldesa de Fisterra falou tamén do Mercado Cultural, da autovía e outros asuntos da actualidade municipal.