O concello de A Guarda prepara a cuarta edición do seu obradoiro “Quérome, cóidome”
Esta actividade diríxese a mulleres maiores de 55 anos

Obradoiro "Quérome, cóidome" en A Guarda

“Quérome, cóidome”, o obradoiro de autocoidado para mulleres, volve na súa 4ª edición neste 2025.
O obradoiro céntrase na aprendizaxe de quererse e coidarse para aumentar a autoestima, ademais de compartir experiencias entre mulleres. Esta actividade diríxese a mulleres maiores de 55 anos e xa se poden inscribir no 986 61 46 48 ou no correo electrónico muller@aguarda.es.
As sesións darán comezo o martes 18 de marzo para rematar o 13 de maio. Haberá dúas quendas diferentes, de 16:00 a 17:30 horas na Gándara e de 18:00 a 19:30 horas en Camposancos.