Xa está completa a programación de Entroido do concello da Guarda
As festas deste 2025 están pensadas, sobre todo, para as máis e os máis pequenos

Programación do Entroido na Guarda

A Guarda inaugurará o Entroido 2025 co Desfile Escolar o próximo venres 28 ás 11:30h, cando preto de 400 alumnos e alumnas da Guarda tomen as rúas para amosar os seus mellores disfraces.
Durante a fin de semana continuará a programación na Alameda. O sábado haberá noite de djs con Axel, Matt, Joan Roca e Diego Mariño. A tarde de domingo arranca co espectáculo de clow infantil “A vida tola de Pajarito”, quen fará participar ao público e transeúntes coas súas tolemias.
Despois, a charanga Cantos Somos amenizará o resto da tarde de domingo. O luns e martes de Entroido temos as tardes completas de actividades para desfrutar na Alameda.
O luns 3 teremos xogos populares na Alameda, mentres que o martes 4, haberá festa de Entroido e Baile de Disfraces con pintacaras, globoflexia e búsqueda do tesouro.
O prato forte chegará o venres 7 de marzo co Desfile de Entroido. Este sairá ás 20:30h da Rúa Porto Rico (Esquina Famosa) e percorrerá a Rúa Galicia ata rematar na Alameda. Alí, comezará a festa con Darío GZ, Adrián Mesu, Christian Pereira e DJ Charlie.
Ide preparando os vosos mellores disfraces, que chega o Entroido 2025!