SER Deportivos OurenseSER Deportivos Ourense
Más deportes

O Circuito de Montealegre convírtese no patrocinador do campionato galego de montaña 2025

A federación galega de automobilismo e o Circuito Internacional de Montealegre chegaron a un acordo

O circuito de Montalegre convírtese no patrocinador principal do campionato galego de montaña 2025 / FGA

O circuito de Montalegre convírtese no patrocinador principal do campionato galego de montaña 2025

O trazado fronteirizo luso será o patrocinador principal do certamen de montaña en 2025, pasando a denominarse Campionato Xunta de Galicia de Montaña-Circuito internacional de Montalegre.

Despois dunha primeira experiencia na recta final da tempada pasada no certame autonómico o goberno da localidade portuguesa confirmou e reafirmou o seu compromiso co automobilismo galego, de cara a xerar sinerxias e promocionar o deporte nos dous países.

Esta colaboración achegará a mobilidade de rallycross aos afeccionados e deportsitas galegas mediante a promoción dos seus eventos, que nesta tempada serán o nevodeso Nitro X un novo certame internacional de rallycross con nomes de primeiro nivel, o campionato de España de Rallycross, as probas do Nacional portugués da mobilidade e o consolidado Campionato de Portugal de drift.

Ademáis, o becado da FGA no certame de montaña en 2025, Mario Rivera, levará no seu Carcross os logotipos de Montalegre.

A ampliación deste acordo reafirma o compromiso da FGA con deporte galego, especialmente na búsqueda de novos recursos que servirán para mellorar aínda máis a modalidade de montaña.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00