Política

“O éxito destes 10 anos de goberno foi ter planificación a longo prazo”

Juan Blanco destaca o o esforzo do seu goberno para conectar o 80% das explotacións gandeiras ao abastecemento municipal de auga

Pleno Aberto con Juan Blanco, alcalde de Mazaricos (19/02/2025)

41:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

O alcalde de Mazaricos pasou este mércores polo Pleno Aberto de Radio Nordés. O rexedor destacou o traballo feito polo seu concello nos 10 anos que leva no cargo, período no que se logrou que o 80% das explotacións gandeiras se conectasen á rede de abastecemento.

Blanco abordou diversos asuntos da actualidade municipal, recordando que seo o concello da zona coas taxas máis baixas, destacou o forte investimento en obras viarias e criticou á Xunta polo escaso porcentaxe do Fondo de Compensación Ambiental que queda para o concello.

O alcalde amosouse preocupado por problemas como o envellecemento da poboación e o incremento de gasto que supón para as arcas municipais. Tamén abordou outra problemática que limita fixar poboación, o escaseza e o alto prezo da vivenda, con alugueres que chegan aos 450€.

Juan Blanco defendeu o proxecto da central reversible da Ruña que deixaría uns 16 millóns no concello. Respecto ás voces contrarias a ese proxecto, considera que deben ser os veciños de Mazaricos os que deben decidir e non os doutras localidades. Recorda que o seu goberno xa paralizou seis parques eólicos e que esixirán á Xunta que faga cumprir a legalidade medioambiental.

Por último o alcalde Mazaricán asegurou que o concello non ten capacidade para que o sector gandeiro medre moito máis.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00