Economía y negocios

“chamáronnos mentireiros e catastrofistas, pero o que dixemos que ía pasar, finalmente aconteceu”

Evencio Ferrero carga contra a Xunta pola ausencia de chan industrial en Carballo

Concello de Carballo

O Concello de Carballo carece de chan industrial, co actual parque completamente ocupado, espera por unha ampliación que non chegará en breve.

O Alcalde non entende como a Xunta non dou prioridade ao proxecto de ampliación do polígono de Bértoa logo de tódolos avisos e reunións. Evencio Ferrero considera “inadmisible” non dispoñer nin dun metro cadrado para a implantación de novas industrias que queiran instalarse na capital de Bergantiños. Culpa á Xunta de pasividade, “malia terlle reiterado en moitas ocasións que esta situación ía chegar.” O rexedor asegura que cando advertiron que se chegaría a esta situación dende o goberno popular acusóuselles de “alarmismo” e “mentireiros”, pero o tempo doulles a razón, asegura.

“En nove anos a Xunta de Galicia non fixo nada por solventar un problema que era visto”

Compara a situación no polígono de Bertoa coa dos polígonos da Laracha e Morás en Arteixo, dependentes do goberno do Estado que“si fixeron os deberes e si hai a posibilidade de ampliar, mentres en Carballo a Xunta non fixo os deberes e está condenando a Carballo a unha situación extrema”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00