A RAG presenta súa programación do Día das Letras Galegas 2025 coa intención de crear "unha conexión cos novos tempos"
O Día das Letras dedicase este ano ás cantareiras e a poesía popular oral
![Ana Boullón, promotora da candidatura das Cantareiras, fálanos da programación da RAG do Día das Letras Galegas](https://cadenaser.com/resizer/v2/https%3A%2F%2Fsdmedia.playser.cadenaser.com%2Fplayser%2Fimage%2F20252%2F11%2F1739262208069_1739265549_asset_still.png?auth=728817dbcd86c95792338caab23c4bc3ab7994e0e133d7632a90bd2d13a32e6d&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
Ana Boullón, promotora da candidatura das Cantareiras, fálanos da programación da RAG do Día das Letras Galegas
09:18
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
A Real Academia Galega presentou a súa programación para as Letras Galegas 2025 coa intención de xerar "unha conexión cos novos tempos". Este ano o 17 de maio servirá para homenaxear a figura e a actividade das cantareiras como transmisoras da cultural galega a través da música popular. Os principais actos celebraranse en municipios como Cerceda, Malpica e Muxía.
A primeira cita será en Cerceda o 10 de marzo na 'Primavera dás Letras', que terá lugar nun colexio público. O presidente da institución, Víctor Freixanes, destacou a unión que pretenden xerar entre diferentes xeracións, con importancia do pasado, pero tamén do presente. Referiuse á actividade das cantareiras como un "tesouro" que se mantén vixente na actualidade.
O Día das Letras celebrarase en Malpica e cara a finais de ano estúdase a posibilidade de realizar en Muxía un simposio sobre a traxectoria das cantareiras en Galicia.
A primeira cita será en Cerceda o 10 de marzo no acto Primavera dás Letras, que terá lugar nun colexio público.
A Real Academia Galega (RAG) prepara unha programación diversa para a celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ás cantareiras e a poesía popular oral, na que se inclúe unha webserie, unha iniciativa para público infantil e un simposio.
Anunciárono este luns na Coruña o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a promotora da candidatura das Letras Galegas 2025, Ana Boullón.
Este ano homenaxearase ás cantareiras de Cerceda Adolfina e Rosa Casás Rama, a pandereteira de Muxía Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Malpica), que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.
Freixanes informou de que Malpica de Bergantiños é o lugar escollido para a celebración do pleno extraordinario do 17 de maio, no que intervirán os académicos Antón Santamarina, Ana Boullón e Xesús Alonso Montero.
O presidente da RAG lembrou que "en 1963" celebrouse por primeira vez o Día dás Letras Galegas, dedicado a Rosalía de Castro, lembrando 'Cantares galegos', unha obra que "empata coas mulleres que encarnan a tradición popular" e que son as protagonistas deste ano.
Boullón indicou que "a elección das cantareiras demostra que a Academia está a recoller o pulso de algo que se está producindo na sociedade" xa que hai "un rexurdir da música galega entre os máis novos".
Puxo de exemplo o papel de Mondra, Fillas de Cassandra ou Baiuca: "Queremos destacar a forza viva da tradición", engadiu.
A académica detallou que aínda que "Muxía, Cerceda e Mens" son escenarios principais espera que a celebración chegue a todos os recunchos de Galicia.
A Primavera dás Letras, primeiro acto da programación e destinado ao público infantil, presentarase o 10 de marzo da man da comunidade escolar de Cerceda, que conta coa escritora Paula Carballeira e a ilustradora Nuria Díaz.
Carballeira escribiu para a ocasión 'As ferreñas', unha peza teatral que combina música, poesía e radio, pensada tanto para a lectura individual e colectiva como para a representación dentro e fóra das escolas.
A finais de marzo prevese a estrea da serie documental web '#Cantar é porque quero', de tres capítulos, un traballo realizado por Damián Varela e Alba López Álvarez, presentes no acto deste luns.
López manifestou que esta peza audiovisual busca "transmitir que esta tradición oral está viva" e homenaxear a "estas mulleres transmisoras desta oralidade".
Despois do verán haberá un simposio para analizar as novas liñas de investigación sobre a poesía popular oral.