Sociedad

Vázquez Mao: "Lugo non é prioridade para ningún político porque non importa a cohesión territorial, importan os votos"

O secretario xeral do Eixo Atlántico fala da necesidade dun acordo entre os tres partidos galegos para empurrar pola conectividade da provincia independentemente das siglas

Vázquez Mao: "Lugo no es prioridad para ningún político porque no importa la cohesión territorial, importan los votos"

Vázquez Mao: "Lugo no es prioridad para ningún político porque no importa la cohesión territorial, importan los votos"

07:52

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

Tras unha semana de fotografías nos recén inaugurados 12 km que unen Palas de Rei con Melide, a reflexión sobre as infraestruturas en Lugo volve saír á luz. Trinta anos despois, lucenses e picheleiros todavía seguen a agardar por algo máis de 80 km que os conecten en menos dunha hora.

Se a palabra do Ministro, Óscar Puente, se cumple, no 2026 a A-54 será unha realidade. E en lugar de celebrarse, a pregunta que Lugo se fai é: Por qué tanto tempo? Para o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, a resposte é sinxela "a política".

Mao explica que "aos políticos non lles interesa realmente a cohesión do territorio, interésanlles os votos. En Lugo, por poboación, non hai moito voto, polo que non hai excesiva presa en cumprir ou contentar aos votantes porque non inflúen tanto no resultado final coma noutros lugares".

O secretario xeral do Eixo Atlántico pon de exemplo o país veciño: Portugal. "Alí fíxose un pacto pensando no país, e chegue quen chuegue ao goberno eso non se pode tocar", e engade que "algo así deberían facer os tres grandes partidos. Poñerse de acordo en materia de infestruturas e non poñerse zancadiñas".

A ausencia de boas conexións, a parte de non facilitarlle a vida aos veciños e veciñas, fai que a provincia medre a unha velocidade infinítamente menor que o resto. "Falar de conexións e infraestruturas é falar de asentamento, por exemplo, no rural, que a todos se lles encha a boca falado do éxoso rural... pois pouco se fai.", sinala Mao.

Facer atractivo un territorio para vivir nel, para medrar en industria ou emprender pasa por ofrecer facilidades á hora de desprazarse polo territorio. Lugo, polo de agora, nesto vai moi por detrás do resto de Galicia e de España.

A nacional 550 segue a ser toda unha montaña rusa de fochancas, a variante de Viveiro agardando que se materialice e o tren Lugo segue a ser unha promesa. Vanse dando pasos, pero non os suficientes para que Lugo poida colocarse no mapa en materia de conexións.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00