C.D. Arenteiro aproba o inicio dos tramites para SAD
A masa social do C.D. Arenteiro aprobou o inicio da conversión
O CD Arenteiro aproba o inicio dos tramites para SAD / Arenteiro
A Asemblea Extraordinaria celebrada no Auditorio Manuel María do Carballiño, a votación contou con 116 votos a favor, 9 en contra e 6 abstencións. O presidente da entidade, Argimiro Marnotes, destacou na súa intervención que esta decisión representa ´´ a mellor vía para asegurar que o Arenteiro siga competindo a nivel nacional con garantías´´.
Subliñonse tamén que a trasformación en SAD xorde do crecemento do club e das súas necesidades económicas. Así, na datra de hoxe, o C.D. Arenteiro aproba a posibilidade de recibir achegas da masa social existente e terceiros, que serán trasnformadas en accións , en función do proxecto de conversión a presentar. Con esta decisión garántese un ´´ pulmón económico´´ para o club, así coma a profesionalización da súa xestión, coa intención de asgurar un proxecto sostible para os próximos anos.
A maiores, para preservar a identidade do club e a súa vinculación co Carballiño, estableceranse cláusulas de protección da Sociedade Anónima Deportiva CD Arenteiro, como a permanencia da sede social, a celebración dos encontros na vila, o desenvolvemento do fútbol base e feminino e a limitación da venda especulativa da SAD nos primeiros anos.
Nesta xornada informouse tamén do estado no que se atopan no Concello do Carballiño os proxectos de posible ampliación do Esadio de Espiñedo e de posible construcción dun novo Estadio na Uceira. Nesta liña, o C.D. Arenteiro busca consolidar o seu crecemento e manterse como un referente no fútbol galego e nacional, asegurando un proxecto ambicioso, sostible e fiel á súa identidade.