“Estou traballando por un centro de día, a ver se este ano podo da unha boa nova”
A alcaldesa de Cee espera ter rematadas este mes as obras de saneamento, e anuncia outra subvención para continuar coa mellora nas depuradoras


Margot Lamela estivo no Pleno Aberto de Radio Nordés este mércores. A alcaldesa falou do importante número de obras que hai neste momento en marcha no conello, entre elas as do saneamento que, espera, rematen este mes. Continúan as melloras de beirarrúas e varias zonas e proxecta outras como a reforma da praza de Lires ou unha importante intervención no campo de fútbol.
Respecto á falta de policía local, a alcaldesa amósase respectuosa coas baixas médicas, asegura que é complicado realizar convenios para contar con auxiliares doutros concellos de xeito puntual e nega que haxa un incremento da delincuencia.
Lamela criticou os retrasos da Xunta para ter un proxecto de humanización da Avda. Fisterra, tamén a falta de mantemento por parte de Portos e dos propietarios dos terreos na preto da Ría. Respecto á unión do paseo con Corcubión, están pendentes de Costas pero confía en que este ano se inicie o proxecto.
A rexedora reclama á CMAT un plan extratéxico para o sector turístico a nivel comarcal, pide aos comerciantes que se agrupen nunha asocaición e continua esperando para reunirse co xerente do Centro Comercial.
Por último, Margot Lamela anunciou a aprovación de tres novas licencias no Polígono e outro grupo de obras que se aprobarán en pleno.