Economía y negocios

As dificultades para atopar persoal especializado complica o funcionamento da empresa de despezamento de Cee

Esperan de obter proximamente os permisos necesarios para despezar barcos máis grandes

Pasou pouco máis de medio ano dende o comezo da actividade de Brokenboats no porto de Brens. Neste momento traballan no despezamento dun barco, pero o traballo vai con retraso debido a varios factores, entre eles, a dificultade para atopar sopretistas na zona. polo de agora están optando por traballar con subcontratas, pero a intención é optar por contratación directa tan pronto como sexa posible.

O comezo da actividade nas instalacións ceenses está sendo algo máis complexa do esperado, con paróns puntuais da actividade o que, nos últimos días xerou a aparición de rumores sobre un posible peche da empresa na zona, algo que desmenten rotundamente dende Brokenboats. E engaden que a realidade é a contraria, neste momento traballan para logra os permisos necesarios que permitan despezar barcos de maior tamaño. Un trámites moi lentos, como toda a burocracia neste sector, que debe ser garantista co medio ambiente. Dende a empresa recordan que estiveron cinco anos traballando para lograr tódolos permisos necesario para abrir no porto ceense e que continuarán coa actividade para evitar que demore máis o despezamento completo do barco no que traballan actualmente.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00