O temporal “Herminia” sementa de danos a bisbarra
En Muxía, os refachos de vento derrubaron a entrada o campo de fútbol. Postes caídos, tellados danados e suspensión d emercados, principais efectos.
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/HQKFBQNN35HYRAPCPLODHNY5LU.jpg?auth=8f72ca78381c69796fcc11b4b1876352f1d42745f05e4ed5b554f90a53d7e3d4&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/HQKFBQNN35HYRAPCPLODHNY5LU.jpg?auth=8f72ca78381c69796fcc11b4b1876352f1d42745f05e4ed5b554f90a53d7e3d4)
Costa da Morte
O temporal Herminia continúa azoutando a comarca dende esta mañá. As fortes choivas viñeron acompañadas de refachos de vento que rozaron os 100 Km/h na estación de Brens (Cee), acadaron os 105 en Malpica, os 124 en Coristanco e deixaron unha marca de 145 na Gándara, en Vimianzo. Postes e árbores caídas e diversos danos son os efectos principais a esta hora, ademáis da suspensión dos mercados de Carballo e Cee.
O forte vento dexiou a súa pegada no campo da Arliña, en Muxía, onde o arco da entrada do recinto acabou esnaquizado. Non loxe de alí, na rotonda de Lourido, un poste acabou derrubado pola forza do aire. Tamén en Muxía estivo cortada a estrada de Moraime a San Rooque e a de Merexo a Leis en ambos casos debido á caída dunhas árbores, Tamén estiver cortadas as estradas de Pereiriña a Touriñan, á altura de Frixe, a de Coucieiro a Senande e a de Sinagora a Buitirón polo mesmo motivo. No casco urbano a forza do aire desprendeu pranchas de fibrocemento no polideportivo municipal. O peor da xornada foi a saída de vía dun vehículo en Pasantes, precisándose o traslado da única ocupante do vehículo ao Hospital Comarcal
Na Laracha un elemento de decoración do Nadal acabaou caen do na rúa Ferreiro Penedo e en Coristanco os danos principais centráronse na cuberta do colexio da localidade. En Fisterra, polo serán, atopábanse sen fluido eléctrico nas aldeas de Padrís, Sixto e Castrexe, ademáis de rexistrar infinidade de árbores caídas.
No Concello de Ponteceso son comprobables a simpe vista os datos producidos no tellado da EDAR de Corme. Mentres, en Dumbría, os ventos producían os principais danos na estrada de Olveira, con caída de árbores, e un cable caído no entorno de Santa Uxía.
En Vimianzo dan conta de danos na Casa da Cultura ademáis de numerosas árbores derrubadas, unha delas na estrada de Camariñas. Foron unha gran catidade de piñeiros os qu e tiveron que ser retirados de estradas e camiños soneiráns. Neste concello tamén se rexistraron numerosos corte no suministro eléctrico
Tamén se rexistraron caídas de árbores na estada ao faro Vilán, en Camariñas, e en Pazos (Zas),