Nuno Pico: “O seguinte videoclip imos ter que facelo con plastilina porque gastamos todo neste”
Grande Amore presenta ‘Ontes fun moi malo’, o primeiro adianto dun novo disco que sairá na primavera
Grande Amore: "O seguinte videoclip imos ter que facelo con plastilina porque gastamos todo neste”
06:44
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
Para Nuno Pico os días de lanzamento son "como os peores días da miña vida". Con Grande Amore presenta 'Ontes fun moi malo', o primeiro adianto dun novo album no que levan tempo traballando e que, adianta, sairá na primavera. "Pois 'ontes' concretamente non fixen nada, deixar todo preparado para que saíse en todas as plataformas despois de revisalo cincuenta veces e deitarme cedo", conta.
Este é, ademais, un tema especial porque o videoclip rodouse na súa casa, no Valadouro, na antiga taberna dos seus avós en Frexulfe e noutra parroquia veciña, San Tomé. "Sinto certa responsabilidade porque hai moita xente que puxo moito da súa parte para que saíse adiante", di sobre unha peza que transforma O Valadouro no escenario dun western protagonizado por amigos e veciños.
"Pasounos ademais unha cousa moi de rockeros de verdade", continúa, "porque tiñamos un presuposto para todos os vídeos do disco e polo que sea fóisenos todo neste". "Os seguintes imos ter que facelos con plastilina", bromea.
Este tema en concreto está baseado noutro de Turbonegro, 'Denim Demon', e explica que en 'Grande Amore III' quixeron "reflexar un pouco todo o que foi xurdindo no noso directo, sobre todo desde que se incorporou Clara, que metemos sintes e guitarras".
O que máis interesante lle parece é ver como o proxecto vai cambiando ao sumar incorporacións: "Cada vez ten menos peso a miña figura, que parece un comentario fatídico perdido, pero é a verdade, e nese sentido son moi afortunado porque podería ter que seguir facendo temas eu só no meu ordenador, pero por sorte xa non é así"
Sobre a súa carreira, cun proxecto xa consolidado, di que aínda que cre que vai ter que acostumbrase a "vivir sen pagar a letra de tres ou catro cochazos" celebra poder vivir da música, "que xa é moito dicir".