Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Costa da Morte amósase “Naturalmente Salvaxe” en Fitur

Os concellos da zona presentarán as súas novas campañas turísticas en FITUR como destino sostible e de natureza

A Feira Internacional de Turismo de Madrid é un ano máis o lugar escollido para que os concellos da zona presenten as súas novas propostas para atraer visitantes. Dende o mércores 22 ao venres 24 a asociación de empresarios SOLPOR, algúns concellos xuntos ou por separado e a CMAT, entidade que aglutina a todo os sector turístico da zona, realizarán presentacións do Camiño, dos miradoiros ou da Mostra de Encaixe. Nesta ocasión o lema co que a Asociación te turismo CMAT vende a comarca é Naturalmente Salvaxe, “dúas palabras que definen moi ben o atractivo turístico do territorio“. A presentación desta campaña será o xoves ás 18:40 horas no Stan de Turismo de Galicia.

O Camiño Fisterra Muxía terá unha relevancia destacada, un ano máis. A primeira presentación será a de SOLPO o mécores ás catro da tarde, no Stand de Galicia onde amosarán o proxecto da Porta da Comprensión. Mentres a Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía fará dobrete con, “O Camiño que Remata no Mar“ que se presentará o xoves pola tarde no stand galego e o venres ás dúas no de TurEspaña.

Tamén presentarán campañas Vimianzo con Dumbría, que presumirán de vistas. Cee, que recollerá o certificado de Destino Intelixente e fará unha presentación como Destino Natural. Vimianzo repetirá, neste caso xunto ao concello de Laxe, para promocionoar a Paixase Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.

Haberá mías propostas en FITUR, sen unha presentación propia, pero si con reunións con turoperadores e axencias, como a Semana do Percebe de Muxía, a Olería de Buño, a Festa da Pataca, etc.

DÍASTANDHORAPRESENTACIÓN
Mércores 22Galicia13:00Pan de Carballo na presentación da Deputación "Coruña Turismo Sostible"
Galicia16:00Camiño do SOLPOR, Porta da Comprensión
Pavillón 1017:00Dumbría 360
Galicia18:45Vía Mariana
Xoves 23Galicia11:30Penedos de Pasarela e Traba
Pavillón 1016:45Cee recolle o certificado de Destino Intelixente
España17:30 Cee destino Natural e Mostra de Encaixe de Camariñas
España17:50MiraQvistas de Dumbría e Vimianzo
Galicia18:20Costa da Morte Naturalmente Salvaxe
Galicia18:40Fisterra-Muxía O Camiño que Remata no Mar
Venres 24EspañaFisterra-Muxía O Camiño que Remata no Mar

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir