Sociedad

O escritor Manel Loureiro e os servicios de Dermatoloxía e Dixestivo do CHUP recolleron os seus premios Cidade de Pontevedra

O Pleno de Honra tivo lugar na reformada Casa Consistorial do Concello de Pontevedra

Celebrouse esta mediodía o tradicional pleno de Honra no Concello de Pontevedra coa entrega dos premios Cidade de Pontevedra que este ano recaeron no escritor local Manel Loureiro e no persoal sanitario das especialidades de Dixestivo e Dermatoloxía do CHOP.

O primeiro en intervir foi o escritor Manel Loureiro que lembrou no seu discurso a Castelao, Valle Inclán ou Torrente Ballester: “O Cidade de Pontevedra deste ano significa para min algo máis, se cabe, que ese recoñecemento. Supón entender que a vida cultural desta cidade é vibrante, complexa, única e diversa. Que Pontevedra é un lugar que vive, pensa e soña en galego e en castelán e que é capaz de crear historias que resoan en todo o mundo, que é a cidade soñada de Castelao, pero tamén é a cidade de Valle Inclán, Torrente Ballester e tantos outros autores e autoras que, sen importar o vehículo que escollan para expresarse, son capaces de contar historias universais.

Que Pontevedra é, en definitiva, a suma do traballo e o esforzo de todos os seus habitantes, cada un deles merecedor sen dúbida, do seu recoñecemento particular, polo seu esforzo en facer deste recuncho das Rias Baixas un lugar único e inmellorable. Gocei do privilexio, ao longo dos últimos anos, de poder exercer como embaixador da miña terra, o meu país e a miña cultura ao longo de todo o mundo, de exercer de galego universal, contactar coa diáspora e con tantas e tantas persoas que descubriron Galicia e Pontevedra e a súa comarca grazas á miña obra. Ese é un premio que non outorga ninguén pero que, para min, supón un motivo de orgullo especial.

Este Cidade de Pontevedra vén significar que dende o Concello tamén recoñecen ese papel, polo que unha vez máis quero reiterar o meu agradecemento eterno a todolos membros da corporación, así como ás asociacións e membros do xurado que de forma unánime tiveron a ben outorgarme o galardón” dixo Loureiro no seu discurso.

O outro premio foise para os servizos de Dermatoloxía e Dixestivo do CHOP. No seu discurso estes profesionais sinalaron que: “O 2024 foi moi especial para nós, con recoñecementos como o Premio BIC (Best in Class) ao Mellor Servizo de Dixestivo de España e o Ennova Health ao mellor proxecto de intelixencia artificial en saúde. Pero este premio é o que máis nos ilusiona, porque vén da nosa cidade, da xente para a que traballamos no día a día.

E eu como pontevedrés síntome especialmente orgulloso e agredecido. Este ano realizamos cambios importantes na nosa unidade de hospitalización para mellorar a experiencia de doentes e profesionais. Ademáis, na nosa unidade de investigación, con máis de 30 ensaios clínicos abertos, seguimos impulsando proxectos innovadores, como o que mantemos cos centros de Saúde Virxe Peregrina e Lérez, no que investigamos o uso da intelixencia artificial para acercar a atención primaria e hospitalaria”.

Pola súa banda, dende o servicio de Dermatoloxía o discurso deixou claro que: “Todos nós formamos un verdadeiro equipo que traballa día a día coa ilusión de ofrecer aos nosos doentes un servizo competente no profesional e humano no persoal. Esta ilusión conforma verdaderamente o ADN do noso Servizo, hasta tal punto que deixa un poso en todos os compañeiros que ao longo do tempo han tido formado parte do Servizo e que co seu traballo axudaron a chegar a onde hoxe nos atopamos.

A dermatoloxía ten avanzado moito nos últimos anos, tanto en medios diagnósticos como ao mesmo tempo e máis que nunca se traballa con una visión holística das persoas e das suas doenzas, para integrar na atención sanitaria a esfera psicosocial do paciente mellorando a sua calidade de vida.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores destacou que os galardonados teñen méritos máis que suficientes: “Así, o xurado acordou premiar, na modalidade de persoa física a un veciño coñecido mundialmente polos seus escritos, Manel Loureiro. Manel vén sumando nos últimos anos recoñecemento tras recoñecemento, tanto na súa terra como fóra dela. Un exemplo clarificador do rol do escritor no mundo contemporáneo, a través dunha carreira definida pola constancia e o traballo, de aprender a crear e crear a súa propia sorte.

Os escritos de Manel partiron da rede até o papel, e mesmo agora podemos velos reflictidos na gran pantalla. A súa imaxinación crea mundos distintos aos nosos, si, fantásticos, mais retrata a humanidade da nosa realidade, os pensamentos e decisións que tomamos, as nosas miserias e as nosas ledicias. É o pontevedrés vivo que máis exemplares de libros vende no mundo, e que logra colocar e amosar o noso país Galiza a centos de miles de lectores, ao colocar a súa terra como unha entidade propia e natural dentro dos seus relatos. Manel, parabéns e grazas polo teu traballo. A literatura é unha ferramenta imprescindíbel para avanzar como sociedade , unha peza fundamental dentro da cultura, con todo o que iso supón. Grazas por levar a Pontevedra nas túas historias e grazas por facer da túa paixón un elemento do que o mundo tamén goza a cada escrito.

Doutra banda, na modalidadede persoa xurídica, o xurado concedeulle o premio aos servizos de Aparello Dixestivo e Dermatoloxía do CHOP. Coma ben sabemos, a sanidade pública é un dos mellores e maiores exemplos dunha sociedade democrática. O seu obxecitvo é claro: coidar a toda persoa que o precise. Sabedes que eu fun médico —se é posíbel deixar de selo nalgún intre, cousa que dubido— durante XX anos.

Sempre defenderei o papel da Medicina como un vehículo para crear sociedades mellores e xustas, onde as doenzas son tratadas cos mellores medios posíbeis e onde os doentes e as súas familias son acompañados nos seus intres máis débiles. A calidade dos seus traballadores e traballadoras é indiscutíbel. Contamos con algunhas das persoas mellor formadas e con máis talento neste campo. Así o demostran os servizos de Dermatoloxía e Dixestivo do CHOP, referentes e recoñecidos a través de premios estatais e internacionais.

O conxunto do seu traballo salva e mellora acalidade de vida das persoas que viven en Pontevedra e na súa comarca. A súa humanidadee o seu traballo son dúas pezas chave á hora de completar ese círculo de referencialidade do que a Boa Vila gosta, de sentir orgullo a cada paso, de ver que contamos con algúns dos mellores profesionais sanitarios que alguén pode ter. Só podemos agradecer como cidade e como pacientes o voso inmenso traballo, agradecer o voso criterio á hora de escoller un tratamento e agradecer ese xeito de espantar o medo nalgúns dos momentos máis escuros das nosas vidas”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00