Ribadavia “estrea” biblioteca una vez finalizada a súa remodelación
O investimento foi de 56.797 euros por parte da Xunta
Ribadavia
As instalacións da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, recentemente reformadas, recibiron hoxe mércores a visita do conselleiro de Cultura, José López Campos; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o director xeral de Cultura, Anxo Lourenzo, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández. Esta reforma supuxo un importante avance na modernización deste servizo público esencial, que presta atención a máis de 1.182 usuarios rexistrados e realiza máis de 4.200 préstamos anuais.
As actuacións, cun investimento total de 56.797,21 euros, incluíron a colocación dun novo pavimento vinílico heteroxéneo, traballos de pintura, substitución da porta de entrada por unha porta acústica, así como a demolición e reforma de particións interiores. Ademais, renováronse os equipamentos con novos andeis, butacas, mesas, cadeiras, carros de coxíns verticais, expositores e sinalizadores, ademais dun moderno mostrador de atención e un ordenador individual para a xestión bibliotecaria.
Esta intervención permitiu non mellorar as infraestruturas e os equipamentos e optimizar o uso do espazo existente. Entre as melloras destacan as mesas de estudo con enchufes e iluminación LED, estanterías con maior altura e sinalización temática, e a creación dun espazo adecuado para conservar o fondo antigo da biblioteca, composto por máis de 800 exemplares.