Xabier Díaz: "O país tiña unha débeda coas cantareiras; este 2025 ten que ser unha foliada"
O artista impulsa unha iniciativa na que da a coñecer vídeos sobre as súas investigacións sobre o folclore e as cantareiras

Xabier Díaz homenaxea ás cantareiras
19:12
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
Este 2025 é o ano dos aturuxos, do folclore, do patrimonio inmaterial... é o ano das cantareiras. A elas adícanselles estas Letras Galegas, en concreto, á poesía popular oral representada nas figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica). O artista Xabier Díaz impulsa unha iniciativa na que dá a coñecer material documentado durante as súas investigacións realizadas entre 1989 e 2011 xunto a outros compañeiros. Falamos con el sobre o papel destas mulleres na supervivencia do folclore e a tradición oral popular, do seu legado e da influencia na música do propio Díaz.