Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O BNG levará ao Parlamento a proposta de recoñecer a Castelao de maneira oficial e legal como primeiro presidente de Galicia

Ana Pontón dixo que o BNG celebrar a figura do rianxeiro “sen deturpacións nin manipulacións”

O BNG deu comenzo os actos do Ano Castelao en Pontevedra coa portavoz nacional, Ana Pontón, anunciando que a formación nacionalista vai levar ao Parlamento unha iniciativa para que Castelao sexa declarado de maneira oficial o primeiro presidente de Galicia, rememorando así que, desde o exilio, deseñou e presidiu o Consello de Galicia hai 80 anos. Deixou claro Pontón que trátase de rescatar a memoria democrática, facer xustiza e recoñecer que o primeiro presidente de Galicia, por dereito propio, foi Alfonso Daniel Rodríguez Castelao desde o exilio. Ana Pontón dixo que isto debería estudarse nos libros de historia.

O BNG quere celebrar a súa figura “sen deturpacións nin manipulacións”, indicou Pontón, tendo en conta que “Galiza precisa máis Castelao que nunca” porque segundo o BNG, o galego está en mínimos históricos tras quince anos de políticas do PP que calificou como lingüicidas.

Dixo Pontón que: “precisamos máis Castelao porque temos que seguir defendendo Galiza fronte un centralismo voraz e letal; porque queremos políticas sociais igualitarias, sen exclusións, porque defendemos que o dereito á vivenda se cumpra e o dereito ao traballo sexa unha realidade. Todo isto está na persoa que máis loitou por situar Galiza no lugar que merecía, sen complexos e sen pedir permiso, con esa fe no noso pobo que herdamos con orgullo e honestidade”, destacou a líder do Bloque.

O acto que tivo lugar esta mañá en Pontevedra contou coa presenza dos e das representantes do BNG en todos os concellos da comarca.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir