Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Deputación de Pontevedra recibirá este venres a visita dos Reis Magos por primeira vez na súa historia

As súas maxestades recollerán as cartas dos nenos e nenos que se acheguen ao Pazo provincial despois de visitar o Centro Príncipe Felipe

A Deputación de Pontevedra recibirá este venres 3 de xaneiro por primeira vez na súa historia a visita dos Reis Magos, e todas as nenas e nenos da provincia están convidados a achegarse a vivilo. As súas maxestades virán acompañados dos seus paxes reais, que os axudarán a recoller as cartas dos máis cativo e tamén repartirán entre a rapazada a ilusión do Nadal e algunha que outra sorpresa.

Antes de pasar pola sede central da institución, os Reis Magos tamén visitarán os nenos e nenas do Centro Príncipe Felipe a partir das 10:00 horas. O seu paso polo Pazo provincial está previsto a partir das 12:00 horas, cando serán recibidos polo vicepresidente Rafa Domínguez e outros membros do goberno provincial.

A visita dos Reis Magos é unha das actividades enmarcadas no programa “O noso Nadal” da Deputación de Pontevedra, que inclúe o ciclo de concertos Entradiñas de Aninovo, actividades no Museo de Pontevedra como obradoiros e exposicións temáticas, e tamén outras de carácter familiar e infantil no Castelo de Soutomaior. Neste último, recentemente a Deputación puxo á venda as entradas para asistir a un xogo de escapismo e está a proxectar, desde as 19:00 horas ata as 20:30 horas, un ‘videomapping’ na Torre da Homenaxe.

O presidente da Deputación, Luis López xa ten escrita a carta os reis e ademáis está grabada en vídeo. Unha carta na que pide “atención e recoñecemento para os concellos”, “experiencias 100 % Rías Baixas para os que decidan visitarnos” e “menos muros e máis pontes que unan persoas e ideas”…

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir