Sociedad

O Concello de Ribadavia ofrece clases de gaita e percusión tradicional

Contámosche como participar

O profesor David Mondelo e a concelleira de Cultura Yolanda Gómez. / Cadena SER

O profesor David Mondelo e a concelleira de Cultura Yolanda Gómez.

Ribadavia

O Concello de Ribadavia aposta pola música tradicional pondo en marcha clases de gaita e percusión, que comezarán o 11 de xaneiro e terán lugar cada sábado en horario de 17,00 a 19,00 horas, no antigo Colexio da Alameda.

A partir dos seis anos, calquera que queira aprender a tocar música tradicional terá a oportunidade de facelo en Ribadavia, con dous Mestres: David Mondelo, que ensinará percusión, e Marcos Salgado, que se ocupará da gaita. Estableceranse grupos por idades para adaptarse ás distintas necesidades e xeitos de aprender de nenos e adultos.

O material non será un problema para comezar xa que, en ambas disciplinas, os inicios son con instrumentos asequibles. “Para comezar en gaita non fai falta nada máis que unha flauta como a que moita xente xa ten na casa. Para a percusión, cunhas baquetas e unha caixa, que son moi asequibles, tamén é suficiente”, explica un dos profesores e músico que impartirá esta actividade, David Mondelo.

“A idea é comezar con estas clases de percusión e gaita para así recuperar a música tradicional en Ribadavia e, se se pode, nun futuro; chegar a formar unha Banda de Música Tradicional propia de Ribadavia”, establecía como meta a concelleira de Cultura, Yolanda Gómez.

Para máis información e preinscrición só hai que pórse en contacto con mondeloloisdavid@gmail.com e indicar o nome, teléfono e idade. O prezo desta actividade será de 18€ ao mes.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00