Sociedad

Coñece aquí o programa de Nadal de Xinzo de Limia

A programación inclúe concertos, galas ou exposicións

A edil Ángeles Martínez, o alcalde Amador Díaz e os concelleiros Carlos Gómez e Ricardo Sieiro

A edil Ángeles Martínez, o alcalde Amador Díaz e os concelleiros Carlos Gómez e Ricardo Sieiro

O Concello de Xinzo de Limia presentou a programación de Nadal 2024, que se desenvolverá ata o 6 de xaneiro con todas as actividades de balde. Este ano, a programación incorpora unha compoñente solidaria, especialmente co apoio ao CEIP Ausias March de Paiporta, unha zona afectada recentemente pola DINA, xa que nos catro grandes eventos musicais desta programación (Guadi Galego, Ruben Simeó, Musical dos 80-90’s e Vaiana), habilitarase unha fila 0 para que todas as persoas asistentes poidan colaborar con donativos destinados a este centro educativo valenciano. A recadación realizarase en colaboración co CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia e a súa ANPA, fomentando así unha cadea de solidariedade entre comunidades.

A oferta de Nadal inclúe concertos, galas, exposicións, e actividades tradicionais como a visita do Pai Noel e a Agrocabalgata, as Pre-badaladase a Cabalgata dos Reis Magos. Tamén se poderá gozar da exposición fotográfica de Noelia Caseiro na Rúa dos Viños, desde o 13 de decembro en diante.

Para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares, o Concello organiza o programa “Concilia Nadal”, dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos, no Pazo de Deportes. Ademais, as familias poderán inscribir aos máis pequenos no “Christmas Camp”, un campamento en inglés que combina aprendizaxe e diversión. Pensando en tódolos públicos, desenvolverase o programa “Nadal nos Pobos” e o parque de atraccións Limialandia no Pazo de Deportes.

Venres, 20 de decembro

Premio Carlos Casares de Xornalismo

Casino Antelano | 20:00 h

Sábado, 21 de decembro

Gala de Nadal Agrupación Musical da Limia

Casino Antelano | 17:00 h

Concerto de Guadi Galego – Síntese Horizonte

Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h

Domingo, 22 de decembro

Rubén Simeó: Close to You

Igrexa Nova | 19:00 h

Do 23 ao 30 de decembro

Nadal nos Pobos

Segundo programa

Martes, 24 de decembro

Visita do Pai Nadal e Agrocabalgata

Praza Maior e rúas de Xinzo | 19:00 h

Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro

Concilia Nadal (de 4 a 10 anos)

Pazo de Deportes | 09:00 a 14:00 h

Xoves, 26 de decembro

El Musical de los 80’ y 90’

Auditorio Ángel Cocho | 22:00 h

Venres, 27 de decembro

Premios da Cultura 2024

Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h

Desde o 13 de decembro

Exposición Fotográfica de Noelia Caseiro

Rúa dos Viños

Do 30 de decembro ao 6 de xaneiro

Apertura de Limialandia

Pazo de Deportes | 12:00 a 20:30 h

Martes, 31 de decembro

Pre-badaladas

Adro da Igrexa Vella | 12:00 h

Xaneiro

Xoves, 2 de xaneiro

Vaiana: El Musical

Auditorio Ángel Cocho | 18:30 h

Domingo, 5 de xaneiro

Cabalgata dos Reis Magos

Saída Praza Carlos Casares | 17:00 h

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00