As luces poñen “nun apreto” ao alcalde nesta curta que vos mostramos
Unha peza, en tono de humor dirixida por Rubén Riós
Ribadavia
Ribadavia vai con todo a gañar o concurso Ferrero Rocher, do que xa é finalista. A última aposta da candidatura deste concello do Ribeiro para ser o gañador do pobo máis fermoso e navideño de España no concurso “Juntos Brillamos Más” de Ferrero Rocher é unha curta, feita xunto ao actor e director Rubén Riós.
Nesta peza de tono humorístico, as luces mesmo poñen ao alcalde nun “serio apuro” frente aos seus veciños e veciñas. César Fernández, visiblemente agobiado no seu papel de alcalde, “enfróntase” a unha veciñanza malhumorada e envolta en tiras de luces de Nadal que demandan máis luces para Ribadavia. De feito, a curtametraxe arranca cun lamento do rexedor: “Si, si… xa sei… xa sei… Estamos a facer todo o que podemos”. Rubén Riós e o alcalde buscan solución para a demanda da veciñanza.