Renova o teu DNI en Xinzo de Limia preto da casa
Coñece as vindeiras citas

Oficina de expedición del DNI. / Policía Nacional

Xinzo de Limia
Tódolos meses pódese tramitar o DNI no Concello grazas á colaboración da Policía Nacional. As próximas datas serán o día 11 de decembro para a expedición e renovación e o día 18 de decembro para a entrega dos DNIs tramitados. O lugar será na primeira pranta do Concello.
A documentación requerida é unha foto recente tamaño carné e o pago dunha taxa de 12 euros en efectivo.
En caso de ser o primeiro DNI ou cambio de residencia precísase a documentación que acredite a situación.