Ribadavia opta a ser o pobo máis fermoso de España no concurso de Ferrero Rocher
Animan a votar antes do día 17

Ribadavia opta a ser o pobo máis fermoso de España. / Cadena SER

Ribadavia
Ribadavia é unha das localidades finalistas, son 5, do "Juntos Brillamos Más", concurso de @ferrerorocher.es. Trátase da única vila que nos representa a nivel galego, así que animan a participación votando e compartindo.
Estas son as 3 fases que segue a competición: Primeira fase, do 4 ao 17 de novembro, as cinco vilas competirán nunha votación pública. Ao final desta fase, as dúas vilas con menos votos quedarán eliminada.
A Segunda fase, do 18 ao 28 de novembro, as tres vilas restantes continuarán nunha nova votación. Unha delas quedará fóra, e só as dúas máis votadas pasarán á final.
E por último na terceira fase, do 29 de novembro ao 8 de decembro, as dúas vilas finalistas competirán polo primeiro posto. O gañador anunciarase o 9de decembro, e Ferrero Rocher iluminará o día 12 as súas rúas nunha cerimonia especial.