Sociedad

Premios José Hermida para radios escolares

Radio Pontevedra pon en marcha un concurso de podcast dirixido aos centros educativos que dispoñan de radio escolar. Para máis información envía un email a: radioescolar@radiopontevedra.com

Consulta as bases legais da convocatoria

O Grupo Radio Pontevedra crea os Premios José Hermida

Será o colofón do proxecto educativo de Radio Escolar de Radio Pontevedra dirixido a todos os centros públicos e concertados de Infantil, Primaria nas comarcas de Pontevedra, O Salnés, Arousa, Umia, Barbanza, Terra de Montes e Deza Tabeirós

Os I Premios José Hermida queren ser a motivación dos alumnos que participen no programa educativo Radio Escolar. Radio Pontevedra quere incentivar ao alumnado participando nun concurso de podcast de radio nos centros escolares con temática e contidos elixidos en cada centro e consensuados con Radio Pontevedra.

Haberá unha gala anual na que estarán presentes os centros finalistas e alí entregaranse os Premios José Hermida aos tres mellores podcast nas categorías designadas de infantil-primaria e secundaria.

O Grupo Radio Pontevedra constituirá un xurado composto por profesionais da radio e por docentes, que seleccionará aos dez podcast finalistas. Estes finalistas protagonizarán a gala I Premios José Hermida no mes de maio de 2025, onde se darán a coñecer os 3 colexios gañadores de cada categoría e entregaranse mencións especiais ao resto dos colexios.

A información necesaria está dispoñible en www.radiopontevedra.com xunto coas bases nos apartado Premios José Hermida.

Quen foi José Hermida Vidal?

"A RADIO ERA A SÚA VIDA, A SÚA VIDA ERA DA RADIO". Non hai ninguén mellor que José Hermida Vidal (1915-2005) para nomear a uns premios radiofónicos dirixidos a promover a radio entre os escolares. José Hermida foi un dos pioneiros da Radio en España, tras mercar unha pequena emisora, ​​que montara a familia Vázquez Lescaille.

Con poucos recursos e moita ilusión, puxo en marcha en 1932 Radio Pontevedra, sendo a primeira emisora ​​que comeza a emitir en Galicia, EAJ40. Na súa longa actividade empresarial recibiu moitos recoñecementos. O máis significativo foi o Premio Ondas en 1999 como un dos dez pioneiros da radio en España, como empresario innovador e exemplar que permaneceu máis de 65 anos á fronte de Radio Pontevedra e pola súa decidida contribución á Radio do noso país.

Dende o inicio, Radio Pontevedra é líder de audiencia ininterrompida no seu ámbito de influencia. Hoxe é a matriz dun grupo de comunicación consolidado, formado por oito emisoras que conta con 124.000 oíntes diarios, con tres Premios Ondas, unha Antena de Oro á mellor emisora local e un Premio Galicia de Xornalismo.

José Hermida Vidal (1915-2005)

José Hermida Vidal (1915-2005)

O proxecto Radio Escolar xa está en marcha

A radio é a vida que soa. E a vida soa nos centros educativos. Radio Pontevedra Cadena Ser quere contribuír ao proceso de aprendizaxe e formación do alumnado galego cun proxecto educativo de creación ou mellora de laboratorios de radio, nos centros de titularidade pública e concertados da nosa cobertura.

Proponse unha colaboración directa cos centros educativos para impulsar a Radio Escolar tentando potenciar esta ferramenta educativa, e convertela nun “medio de comunicación” interno, en cada centro, con participación do alumnado e o profesorado. Queremos converter a radio nunha ferramenta educativa atractiva para o desenvolvemento de todo tipo de actividades.

Os profesionais de Radio Pontevedra e Radio Arousa impartirán, nos centros escolares e nas nosas instalacións, talleres teóricos e prácticos ensinando as técnicas e ferramentas da radio para que poidan utilizalas nas actividades educativas. Serán programas e faladoiros para formar aos alumnos no consumo diario de información, ensinándolles a importancia de estar ben informado, onde e como informarse, e como distinguir noticias reais de bulos e noticias falsas.

Desde novembro ata abril poñeranse en marcha talleres de formación semanais nas nosas instalacións e nos colexios, coa participación no noso magazine local “Hoy x Hoy”. Haberá visitas ás nosas instalacións para poder facer uso dos estudos de gravación e coñecer o día a día da auténtica radio profesional vendo o seu funcionamento en directo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00