O Concello de Arnoia acolle obradoiros creativos
Aprender a debuxar e a facer o teu propio libro

Cartaz dos obradoiros de Arnoia. / Cadena SER

Ribeiro
Os vindeiros 10 e 11 de outubro Arnoia acolle unha cita especial na aula biblioteca do Concello. En colaboración coa comunidade educativa, impartiranse dous talleres creativos con Estefanía Padullés. Un deles será o día 10 de outubro, baixo a temática "Debuxando un conto", unha actividade para desenvolver a imaxinación e aprender a crear personaxes e historias a través da ilustración. Perfecto para todos os amantes do debuxo e a narración.
A outra cita será o día 11, tamén deste mes, "Atrévete a facer o teu propio libro". Dende a primeira idea ata o libro final, aprenderanse os pasos para converterse nun verdadeiro autor ou autora. Unha experiencia única para os máis creativos.