O concello de Nigrán organiza este sábado un novo roteiro "Paseando Nigrán" por Camos e Chandebrito
Para participar é preciso inscribirse previamente a través do tlf 699859418 ou no mail oficinaturismo@nigran.org
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/PVTOOPTD65FAZJEBRXVEZDJNEQ.jpeg?auth=fb5878d25e39253140dda98bf1789cfe6642d7deb6c34f15028e843454c57372&quality=70&width=650&height=650&focal=657,303)
Paseando Nigrán
![Paseando Nigrán](https://cadenaser.com/resizer/v2/PVTOOPTD65FAZJEBRXVEZDJNEQ.jpeg?auth=fb5878d25e39253140dda98bf1789cfe6642d7deb6c34f15028e843454c57372)
O Concello de Nigrán continúa co seu programa "Paseando Nigrán".
Esta nova edición, coa que se pon fin ás actividades do verán, comeza este sábado 14 de setembro a partir das 10h00, que percorrerá as parroquias de Camos e Chandebrito. O percorrido deste roteiro pasará polo parque forestal Os Matos - Río Táboas e tamén polo Castro de Chandebrito.
Ao longo do percorrido, as persoas que se animen a esta actividade, poderán gozar das vistas nos espectaculares miradoiros da zona.
Para participar, dende o concello de Nigrán informan que é preciso realizar a preinscripción a través del 699854418 ou no mail oficinaturismo@nigran.org