Evacuado o morador dunha vivenda na que se orixinara un incendio
A Policía Local desaloxou a persoa dunha vivenda na rúa Lonia de Arriba

Foto de archivo de la sala central de control en la comisaría de la Policía Local de Ourense / Rosa Veiga

Unha patrulla da Policía Local do Concello de Ourense acudiu de urxencia ao número 6 da rúa Lonia de Arriba, ás 1.47h da pasada madrugada, por un posible incendio nunha casa de 2 plantas. Alí comprobaron que saía fume desde unha fiestra do piso inferior.
Aínda que non respondía ninguén no interior, os axentes sospeitaban que podería haber moradores e golpearon repetidamente a porta de entrada até que conseguiron abrila. Unha vez dentro, localizaron na cociña o posible foco do incendio, e evacuaron o único residente. O home, de 39 anos, baixaba as escaleiras desde a planta superior, tras espertar grazas aos gritos e aos golpes na porta de entrada por parte dos axentes. A continuación, os efectivos de Servizo de extinción de incendios puideron sufocar o lume, que efectivamente se orixinara na cociña.
O morador foi asistido por unha ambulancia no lugar dos feitos e trasladado para valoración por unha posible inhalación de fume, que aparentemente non reviste gravidade. Instruíronse dilixencias xudiciais