Das peñas á liga de veteranos, o fútbol afastado das pantallas
Qué pasa coas categorías máis modestas ou os grupos de afeccionados que non dan o nivel para o fútbol profesional pero abrázanse ás penas para poder facer o que máis lles gusta?
De las peñas a la liga de veteranos, el fútbol alejado de las pantallas
04:27
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
Esta semana Lucas Pérez devolvía a ilusión a unha afección histórica. Unha desas que nin viven nin senten, senón que son fútbol. Na súa presentación eran oito mil coreando a unha soa voz.
Todos coñecen o fútbol da gran pantalla. O que é capaz de axuntar a millóns de persoas diante da televisión. Pero, que pasa coas categorías máis modestas ou os grupos de afeccionados que non dan o nivel para o fútbol profesional pero abrázanse ás peñas para poder facer o que máis lles gusta?
Carlos ten 36 anos e leva unha vida dedicado ao fútbol. Pasou por moitas ligas. Desde as non oficiais, como as peñas, ata alcanzar terceira rexional co Laracha. Cóntanos como investiu meses da súa vida, adestrando, viaxando e sacrificándose por un deporte que nunca lle encheu o peto. Aínda que non se arrepinte.
Agora ten un negocio. Traballa, di, "ata horas intempestivas" pero segue apuntado á liga de veteranos. Unha competición modesta pero importante. Grandes nomes da historia do deportivismo como Manuel Pablo ou Dani Mallo seguen ligados ao fútbol máis modesto. Aquel que se move por paixón. Dani Mallo, o que foi porteiro do Deportivo, segue vinculado ao seu equipo da infancia, o Cambre. Agora rememora tempos pasados na liga de veteranos.
Paixón que non falta nas peñas de fútbol. Ligas creadas e coordinadas por afeccionados que invisten o seu tempo en levar o fútbol aos barrios, bares, empresas ou centros de estudo. Na Coruña existe un bo exemplo diso. A Asociación de Peñas da cidade leva a pé do canón case 30 anos. Na súa liga participan 27 equipos en dúas categorías diferentes. No pasado chegaron a ser case 50 equipos. "Hai xente que o vive con moita paixón, para eles non é unha pachanga sen máis. Hai xente moi enganchada a isto", asegura o presidente da asociación, José Manuel González.
Juan Manuel Suárez, da Agrupación de Peñas da Coruña tamén creceu entre balóns. De mozo xogou en diferentes equipos da comarca. Nunca destacou cos pés pero nunca se desvinculou do mundo do fútbol. En 2004 formou a Agrupación de Peñas da Coruña e, ata 2019, dirixiu o seu propio equipo. Tras tantos anos entre balóns asegura que é máis comprensivo co fútbol profesional, entende o que é o compromiso e a presión.
Ano tras ano está máis canso. O fútbol de penas require tempo e diñeiro e cada vez son menos nas penas. Se finalmente retírase sempre quedará as tardes en Riazor. "Volveremos todo o máis alto", sentenza Juan Manuel.