A Mesa mobilízase en defensa da toponimia galega tras a polémica dos carteis de "La Coruña" e "Sangenjo"
A entidade considera que se trata dunha campaña de odio da ultradereita

Concentración convocada este viernes contra los carteles de Hablemos Español que promueven topónimos no oficiales como 'La Coruña' o 'Sangenjo', organizada por la Mesa pola Normalización Lingüística en A Coruña. / Cabalar (EFE)

A Coruña
Membros da Mesa pola Normalización Lingüística concentráronse esta mañá no Obelisco en defensa da toponimia en galego, a mesma que establece que os únicos nomes oficiais dos topónimos son en galego. É unha mobilización xurdida tras a polémica pola colocación de carteis cos nomes "La Coruña" e "Sangenjo".
A Mesa sinala que en 48 horas recolleu unhas 8.000 firmas #ante o que o presidente da entidade, Marcos Maceiras, define como unha clara campaña de odio da ultradereita para tentar "borrar a toponimia galega.
Maceiras acusa o Foro da Toxa, apoiado polo Goberno Central e a Xunta, de "deturpar" a nivel internacional a toponimia oficial en lingua galega.
O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, o que fose portavoz dos nacionalistas no Congreso, Francisco Rodríguez, e a escritora e profesora da Universidade da Coruña, Pilar García Negro, asistiron a esta mobilización reivindicativa.
Hora 14 A Coruña
Escuchar
13:39
Escuchar
13:41
Escuchar
13:25
Escuchar
13:35
Escuchar
13:56
Escuchar
13:30
Escuchar
13:22
Escuchar
13:54
Escuchar
14:01
Escuchar
14:02
Escuchar
14:06
Escuchar
13:55
Escuchar
13:14
Escuchar
13:41
Escuchar
14:06