Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Xuño deixa unha nova baixada nos datos do paro

Hai 260 desocupados menos respecto ao mes de maio. Descenso xeralizado en todos so concellos da bisbarra.

A chegada do verán veu acompañada dun descenso do paro / Europa Press News

A chegada do verán veu acompañada dun descenso do paro

A Coruña

O mes de xuño deixou unha baixada evidente das cifras do paro na Costa da Morte. Rexístranse descensos en todos os concellos excepto Corcubión onde non varía, e Dumbría e Camariñas que experimentan unha suba de 3 e 1 desempregado respectivamente. Importantes descensos en Carballo con 92 parados menos e Cee con 38.

Na comarca de Bergantiños a hai 174 parados menos. Todos os concellos rexistran baixadas con Carballo á cabeza, e descensos en A Laacha (-25), Cabana (-13), Laxe (-12), Malpica e Ponteceso con 9 e 8 parados menos. Na comarca de Fisterra as oficinas rexistran 65 desempregados menos, o que mellora os datos do ano pasado con 18 parados menos. Cee lidera o descenso con 38, seguido de Fisterra con 18 e Muxía con 12 desocupados menos. En Corcubión non se dá varicación e en Dumbría aumenta o paro en 3. En Soneira o descenso queda fixado en 18, con Zas liderando con 18 parados menos, 9 menos en Vimianzo e 1 máis en Camariñas, único concello no que sube nesa zona.

O global da bisbarra é de 260 desocupados menos respecto ao mes de maio, un dato lixeiramente inferior aos 297 do ano pasado

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir