Supervivencia, superación e literatura dende o Espazo Lector Nobel
Abrimos o Faiado dos Libros coa axuda de Celia Fernández
O faiado dos libros 28/06/2024
08:11
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1719572484727/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Ourense
Abrimos neste venres 28 de xuño o Faiado dos Libros coa axuda de Celia Fernández dende Espazo Lector Nobel de Ourense, na rúa Santo Domingo, 66.
Facémolo con tres mostras de supervivencia, superación e, por suposto, literatura.
Dispoñible en máis de trinta linguas, `Como si fuera un río´, editorial Salamandra, está ambientada na beleza do Oeste americano. Ópera prima de Shelley Read conta o drama dunha moza cuxo destino muda para sempre por un encontro casual.
A segunda recomendación de Fernández é `A volta ao mundo en 72 días´de Nellie Bly na editorial Rinoceronte. En 1888 esta xornalista propúxolle ao seu editor no New York World completar a volta ao mundo en 80 días facendo realidade a fantasía de Jules Verne.
E un libro máis: `Quero escribir literatura´de Manuel Veiga. Se escolles este libro é porque pensaches algunha vez en escribir. Adiante!