La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Investimento

A Deputación destina 350.000 euros a Moaña, A Guarda e O Porriño para acometer melloras en infraestruturas deportivas

O Porriño recibirá 120.000 € para o pavillón municipal, Moaña 160.000 € para un novo skate park e A Guarda recibirá 70.000 € para o campo de fútbol da Sangriña

Luis López, presidente de la Diputación de Pontevedra / Rafa Estevez

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novas achegas por valor de 350.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que os concellos da Guarda, Moaña e O Porriño acometan melloras nos seus equipamentos. O presidente da institución provincial, Luis López, detallou que A Guarda recibirá 70.000 € para actuar no campo de fútbol da Sangriña, O Porriño 120.000 € para ampliar e mellorar a accesibilidade do pavillón municipal e Moaña disporá de 160.000 € para a construción dun novo skate park.

Con estes recursos, tal e como recordou Luis López, “a Deputación repartiu xa 3,7 millóns dos 4 millóns cos que dotamos este Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que está a transformar, como nunca antes se fixera, os equipamentos e dotacións para a práctica do deporte nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”.

A Deputación destinar preto de 70.000 euros para A Guarda que servirán para completar os 118.512 euros que supón a reforma e mellora das instalacións deportivas anexas ao campo de fútbol da Sangriña. Os traballos consistirán principalmente na reorganización dos espazos, dedicados a cantina, oficina, salas de reunións e billeteiras, e para actuacións de salubridade das mesmas.

Pola súa banda, O Porriño recibirá 120.974 euros de financiamento provincial que tamén servirán para completar os 157.086 euros aos que ascende o proxecto de ampliación e mellora da accesibilidade do pavillón municipal. Na actualidade o pavillón non conta coas medidas mínimas establecidas polas federacións para a disputa de certos eventos deportivos, polo que o goberno local quere amplialo, demolendo a fachada sur, para chegar aos mínimos. Ademais, construirase un aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida e realizarase un itinerario accesible para comunicar a cancha exterior co espazo público exterior e o acceso ao pavillón.

Finalmente, a Deputación acaba de aprobar destinar 157.035 euros para que Moaña constrúa un novo skate park baixo o viaduto de A Ameixoada, no lugar do Casal, onde xa está hoxe en día o pumptrack e fronte ao Campo Municipal Iago Aspas. A nova instalación deportiva pretende ser un espazo inclusivo para atender ás necesidades de usuarios de todos os niveis e disciplinas, incluíndo skateboarding, scooter ou BMX.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00