La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Exposición

Últimos días para visitar no muíño de Porto do Molle de Nigrán unha exposición pictórica de Antonio Abalde

"A cultura do pan" recolle obras relacionadas co mundo muiñeiro, incluíndo unha do propio muíño e outras dos muíños de Chandebrito

Muiño de Porto do Molle en Nigrán

Muiño de Porto do Molle en Nigrán

O Concello de Nigrán pecha este domingo 16 de xuño no muíño de Porto do Molle a exposición "A cultura do pan", do artista vigués Antonio Abalde. A través dunha serie de cadros en óleo ou acuarela, o artista retrata diferentes muíños de Galicia, incluíndo o propio muíño da exposición e tamén dous de Chandebrito, e a actividade, finalidade e o funcionamento dos mesmos. O seu obxectivo é ofrecer unha ollada etnográfica, polo que realizará unha visita guiada.

"Queremos que os asistentes, especialmente a infancia, aprenda a través destas pinturas a importancia destas auténticas fábricas ecolóxicas de pan", explica Abalde, quen está presente na exposición de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas e fins de semana de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00