Novidades nas piscinas de Xinzo
Xa se coñecen os horarios de apertura para a temporada de verán

Fotografía archivo piscina / Ayunta

Xinzo de Limia
A piscina climatizada continuará aberta no mes de xullo. Coincidirá coa apertura das piscinas exteriores. Unha decisión que anunciaron fontes do consistorio limiao co obxectivo de ofrecer espazos “para o fomento da actividade física e relaxación mental”.
Os horarios de apertura para a tempada de verán xa están publicados.
Por un lado, a piscina climatizada abrirá ás 07:00 e pechará ás 12:00 en horario de luns a venres. Doutro lado, a piscina municipal exterior terá un horario de 12:30 a 20:30 todos os días de verán.