Lola García: “A aldea de Couso é o amor polo rural, aquí encaixa moi ben o Paseo da La”
Falamos coa artesá do obradoiro Logaro, Lola García, unha das promotoras do `Paseo da La´, celebrado na aldea de Couso

É a la un residuo? Falamos coa artesá Lola García
06:10
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Ourense
Recentemente na aldea de Couso, en Sarreaus, celebrouse o Paseo da La. Entre as promotoras do evento, Lola García, quen nos axudou a facer balance en Hoy por Hoy A Limia.
Precisamente unha das prendas que se mostrou neste paseo foi a peza Orixe, de García, finalista Premios Artesanía de Galicia 2023.
O Paseo da La agromou en plena pandemia e tras dúas edicións no Concello de Cabanas, mais este ano tivo lugar na aldea de Couso, en Sarreaus. Un lugar onde Lola considera que encaixa moi ben xa que “Couso é o amor polo rural”, por iso desexa que a cuarta edición continúe a ser na Limia.