A Asociación Española Contra o Cancro de Xinzo busca voluntarios
As tarefas a desenvolver teñen que ver con accións de apoio e formación

A Asociación Española Contra o Cancro de Xinzo busca voluntarios
03:33
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Xinzo de Limia
Kelly Pereira está ao fronte da Asociación Española Contra o Cancro en Xinzo de Limia. Nesta delegación buscan persoas que queiran participar a través do voluntariado. Explícanos que as persoas que acoden á AECC en Xinzo necesitan orientación.
Pereira cóntanos que o obxectivo desta oficina é acercar os servizos ao rural, que pasan por “atención psicolóxica, apoio, orientación social, préstamo de material, servizo de axuda a domicilio e obradoiros”.
O labor do voluntariado ten que ver con apoio e formación en horario de mañá, unha media de “unha actividade ao mes, máis ou menos”, explica Pereira, quen lembra que non se require nada específico “só ganas e tempo para colaborar”. Para iso, faise unha entrevista para valorar o perfil e adecuación da persoa.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.