Ocio y cultura

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia estrea cartaz especial para a 40ª edición

Trátase dunha serie de carteis

Presentación dos Carteis da MIT 2024 / red

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora

Ribeiro

Onte tivo lugar a presentación da serie de tres carteis que conforman o tríptico co cal a MIT quere celebrar a súa 40ª edición.

No acto participaron as autoridades do Concello de Ribadavia, o alcalde, César Fernández, y la concelleira de Cultura, Yolanda Gómez, unha das responsables do deseño, Ainhoa Viñuela, ademais do Director Artístico da MIT, Roberto Pascual. Púxose de manifesto "a idea de potenciar todos os bos froitos que a MIT nos brindou ao longo destes anos. Tamén o seu carácter lúdico, festivo, de cruzamentos e aposta pola innovación a partir da súa tradición".

No tríptico da imaxe desta edición espello, reflíctese a fusión, a idea de linguaxes híbridas da escena a partir de fotografías realizadas por Rosiña Rojo, a fotógrafa oficial do festival, nestes últimos anos, con obras pictóricas de diferentes épocas artísticas depositadas en museos europeos. Patricia de Lorenzo, unha posta en escena de Marta Pazos ou unha escena de danza de La Macana conforman a escolma do deseño gráfico que procura reflectir a identidade do festival e as fusións".

Unha das primeiras citas que nos chegará con esta MIT vai ser o recibimento dos artistas nas Residencias Paraíso da Igrexa da Madalena, a comezos de xullo, a última será o día 27 coa presentación da coprodución da MIT co Centro Dramático Nacional e ButacaZero: Iribarne. Unha satírica política sobre a transición e a Galicia contemporánea.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00