Abril deixa un novo descenso do paro na Costa da Morte
A bisbarra ten 187 desempregados menos respecto a marzo. A bisbarra ten a 4816 persoas no paro

Os datos de abril confirman a tendencia á baixa interanual. / .

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Costa da Morte
O desemprego continúa coa súa tendencia á baixa na Costda Morte. Os datos do paro do mes de abril deixan un balance de 187 parados menos na bisbarra, un descenso onde destaca o descenso experimentado en Dumrbía, con 42 persoas menos nas listas do paro. No cómputo interanual, a Costa da Morte ten 1.009 parados menos respecto ao ano pasado. En abril de 2023 eran 5.825 os parados rexistrados, sendo en 2024 4.816
Por bisbarras, en Bergantiños o descenso é de 105 persoas. A excepción de Cabana e Laxe, onde sube en 2a e 5 respectivamente, o resto de concellos experimentan un descenso do paro notable. Son os casos de Carballo (49), A Laracha (26), Coristanco (16), Malpica (12) e Ponteceso (9).
Na comarca de Fisterra a baixada do paro capitalízaa Dumbría con 42 desempregados menos, seguido de Muxía cun descenso de 9 e Cee con 3. Por contra, o paro sube en Fisterra e Corucbión con 4 e 2 parados máis respectivamente.
Nas Terras de Soneira hai 35 desempregados menos grazas aos datos de Vimianzo e Zas que baixan en 19 parados cada un, unha tendencia que non se dá en camariñas, onde sube en 3. Completa a paisaxe da bisbarra a baixada de Carnota (tres parados menos) e Mazaricos cun descenso de 2.