Sociedad | Actualidad

Comezan as actuacións de eliminación de verteduras ao río Limia

Dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil explican que as chuvias supuxeron unha demora nas intervencións

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con representantes políticos do municipio

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con representantes políticos do municipio

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora

Ourense

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil iniciou as actuacións de eliminación de verterduras ao río Limia. As intervencións consisten na execución dun colector na marxe esquerda do río Limia, que recollerá as verteduras das vivendas da zona e procedentes do pavillón de deportes e as piscinas municipais. O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, explicou que "isto supón un paso moi importante dende o punto de vista medio ambiental".

As actuacións supoñen unha inversión de algo máis dun millón de euros. Desde o punto realizarase un cruzamento subterráneo do río Limia cara o parque do Toural e, mediante unha estación de bombeo, levaranse as augas residuais até enlazar coa rede municipal de saneamento. Aínda que estaba previsto que as actuacións comezaran o pasado mes de novembro, dende o organismo explican que as chuvias implicaron o seu atraso.

Doutro lado, Quiroga sinalou a importancia da colaboración institucional de cara a mellorar a calidade das augas dos "nosos cauces fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canal de comunicación máis directo e claro".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00