Escasa presenza da Costa da Morte na nova executiva do PSOE
Mercedes Noceda, tenente de alcalde de Carnota, única representante da bisbarra

José Ramón Gómez Besteiro no Congreso Nacional Extraordinario do PSdeG-PSOE / Lavandeira jr (EFE)

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Costa da Morte
O PSOE inicia unha nova etapa en Galicia. Da man de José Ramón Gómez Besteiro. os socialistas buscan recuperar terreo logo da decepcionante cita coas urnas do pasado mes de febreiro. A nova etapa escenificouse no Congreso Extraordinario celebrado nesta pasada fin de semana. De alí saíu unha nova executiva que disminúe en número de integrantes, de 58 a 40. Nese órgano de dirección, a Costa da Morte só obtivo un asento, o que ocupará Mercedes Noceda, a actual tenente de alcalde en Carnota. A política carnotá pasa a ocupar a Secretaría Executiva da provincia de A Coruña. No reparto de 32 secretarías sectoriais non hai máis nomes vinculados coa bisbarra.